O xacemento

O xacemento arqueolóxico da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro (Valga, Pontevedra) foi descuberto recentemente, aínda que tanto na memoria popular de Cordeiro como nalgúns antigos documentos, conecíanse referencias sobre a existencia dunha pequena igrexa e un gran mosteiro de fundación altomedieval (con diversas fases de ocupación) e que foron desmantelados no século XVIII para edificar a actual igrexa de Santa Comba de Cordeiro. Esas mesmas referencias indicaban que no lugar onde orixinariamente se ubicaba a igrexa fora erixido un cruceiro, que todavía se conserva e é coñecido como Cruceiro da Igrexa Vella.

PLANO

Emprazado nunha pequena, pero profunda, vaguada preto de Balleas na parroquia de Cordeiro, o lugar,  moi recolleito debido ás fortes pendentes que o rodean (coa excepción ao lado leste, máis suave desde o punto de vista topográfico) atópase a escasos metros dun pequeno curso de auga, de dirección sur-norte, que o bordea pola parte oriental.

Localización:

[Coordenadas UTM: X-526.150, Y-4.426.600]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s