A intervención

Os obxectivos fundamentais da intervención irán encamiñados a completar a investigación científica do xacemento iniciada na escavación de 2010 e á adopción das medidas necesarias para garantir a conservación das estruturas que o conforman e, con iso, revalorizar este elemento patrimonial a través do seu propio aproveitamento sociocultural cun plan de divulgación coas seguintes accións: visitas guiadas ao xacemento, creación dun blog, conferencias, edición dun folleto e unha exposición.

A consecución destes obxectivos planteou a actuación cun carácter eminentemente multidisciplinar, coordinando os traballos de arqueólogos, restauradores e museólogos a fin de que, cada especialista no seu ámbito particular, poida contribuír ao obxectivo común, sempre coa necesaria coordinación entre as diferentes partes do que debe entenderse como unha única intervención.

Deste xeito establécense até cinco tipos de actuacións: acondicionamento xeral do xacemento e a súa contorna inmediata (limpeza previa e final), escavación arqueolóxica (en área no interior da planta da igrexa e realización de varias catas de sondaxe para seguir delimitando o xacemento), consolidación das estruturas (tanto das que xa están visibles actualmente como das que poidan ser localizadas durante a intervención arqueolóxica), sinalización (tanto direccional, de acceso ao xacemento, como explicativa do mesmo) e divulgación (cun plan deseñado de forma específica).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s