A escavación arqueolóxica no xacemento “Igrexa Vella de Santa Comba de Louro”

Dirección: Emilio Ramil

A escavación arqueolóxica iníciase o 7 de maio do 2012, previa autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, promotora da intervención.

Prantexouse a seguinte orde de traballo:

1. Desbroce e limpeza do entorno das estructuras exhumadas e relacionadas có templo religioso.

2. Colocación do vallado perimetral de protección do área de intervención.

3. Limpeza manual do área excavada na campaña do 2010 có obxetivo de fotografíar o estado xeral do xacemento e de cadaúnha das partes da Igrexa, denantes iniciar a excavación en área da mesma.

4. Situación das sondaxes arqueolóxicas.
O proxecto autorizado contempla a excavación en área do interior da Igrexa e a excavación de 6 sondaxes valorativas que permitan delimitar o xacemento e comprobar a posible existencia dún mosteiro ou cenobio anterior cronoloxicamente á propia Igrexa, así como constatar si existe unha ocupación tardorromana na zona obxeto de investigación, como parece apuntar a recuperación de elementos materiais constructivos de tipoloxía romana como tégulas e algún anaco de cerámica común romana, así como algunhos vidros.

Ao norte da zona excavada onde se sitúa a Igrexa, hai unha terraza que semella topográficamente o único lugar posible para o emprazamento dún mosteiro. Nesta terraza sitúanse dúas sondaxes arqueolóxicas.
A terceira sondaxe sitúase ao norleste do área excavada có obxetivo de comprobar a situación da sacristía, ó norte do ábside, na cabeceira da Igrexa.

Unha nova sondaxe localízase ao oeste da capela lateral da Igrexa, có obxetivo de exhumar dúas posibles tumbas en estola.

As dúas sondaxes que todavía non se sitúan, quedan á espera do resultado da excavación das sondaxes descritas.

5. A intervención arqueolóxica na Igrexa Vella realizase en dúas fases diferenciadas:
Fase 1: Limpeza manual do estado actual do área excavada na campaña do ano 2.010. Os dous anos transcurridos dende a derradeira intervención provocaron un estado de abandono dos restos estructuráis.

Realizamos unha limpeza de muros e paramentos, diferenciando catro áreas de intervención:

a) Área 1: Cabeceira da Igrexa, zona absidal.
Esta zona foi escavada parcialmente, conservando hacia o remate do ábside o nivel de entullo presente en todo o interior do templo, resultado do desmonte e demolición da Igrexa para reaproveitar o material pétreo na construcción da nova Igrexa, traslado efectuado a 500 metros, no século XVIII.
Esta zona absidal non conserva nin a cimentación do muro que pechaba a cabeceira hacia o leste, retiraronse todos os sillares, que nembargantes conservanse nos muros norte e sur do ábside, así como nos muros que forman a cruz do templo.

b) Área 2: Atrio ou exterior da zona absidal situada ao sur da cabeceira. Este espacio foi excavado tamén parcialmente, detectándose parte dún enlousado granítico, apreciándose que continua hacia os perfis sur e leste.

c) Área 3: Capela lateral e sacristía anexas á nave principal e cabeceira respectivamente, situadas hacia o norte da zona absidal. A Capela lateral sitúase denantes o brazo norte da cruz ou transepto. Presenta tamén unha excavación parcial, exhumándose parte dún pedestal e un sartego monolítico. A sancristía está adosada á zona absidal, como corresponde a súa funcionalidade estructural, espazo de apoio ao ritual eclesiástico, con acceso inmediato ao altar.

d) Área 4: Nave principal. Actualmente presenta a traza dos muros laterais e da fachada, así como o entullo no interior da nave.

Estas catro áreas excavadas parcialmente na campaña do ano 2. 010 límpase para a súa fotografía e posterior excavación.

Fase 2: Excavación en área da Igrexa. Diferenciamos a efectos de escavación as catro áreas descritas para a limpeza. Por motivos de funcionalidade para a fase de consolidación, prantexamos inicialmente a excavación do área 4, nave principal, e continuar coas outras tres áreas, de menor tamaño.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s