O día 12 de xullo, as 20:00 h un grupo de veciños do Concello de Valga, coñeceu o xacemento a través dunha visita guiada do arqueólogo Manuel Estévez, responsable do plan de divulgación e posta en valor do xacemento.

As visitas guiadas para comunidade, realizadas en colaboración co concello, son unha das principais apostas do plan de divulgación do proxecto de cara a conservación e difusión do xacemento. O coñecemento do valor da igrexa por parte dos veciños fai posible que sexan eles en primeira instancia os principais valedores do seu patrimonio.

O vindeiro martes 17 e xoves 19, as 20:00 h, realizaranse as últimas visitas previstas dentro do plan de difusión.

Advertisements