O pasado día 10 de xullo, o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Pichel visitou o xacemento acompañado do alcalde de Valga e do Presindente da Deputación de Pontevedra.

Emilio Ramil, director da intervención, realizoulles unha visita guiada na que lles resumiu os resultados da escavación, poñendo de manifesto a relevancia do mesmo ao ser o único xacemento escavado en Galicia destas caracterísiticas.

A escavación e posta en valor deste xacemento é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Advertisements