O pasado día 3 de xullo alcalde, concelleiros e funcionarios do Concello de Valga visitaron o xacemento acompañados de periodistas do Diario de Pontevedra e o Diario de Arousa.
O Director da escavación, Emilio Ramil, explicoulles as peculiaridades do xacemento, remarcando a relevancia do mesmo ao ser o único coñecido e escavado destas caracterísiticas en Galicia, cunha cronoloxía que vai dende o século IV ao XVIII da nosa era.

Advertisements